jueves, 26 de marzo de 2020

Recursos e consellos prácticos para coidar a convivencia en familia

Todos sabemos que cando levamos moitos días na casa a convivencia pódese complicar. Saber xestionar as emocións e as relacións pode ser de gran utilidade durante o confinamento.

A fundación Amigó ofrécenos recursos e consellos prácticos para coidar a convivencia durante longos periodos dentro da casa e previr conflictos.

Ofrece guías educativas, a posibilidade de contactar co equipo de profesionais (que por certo, coñezo a algún da nosa zona e teño que felicitar o seu labor), vídeos educativos e outros recursos.

                               FAMILIAS EN ACCIÓN -- FUNDACIÓN AMIGÓ

RESILENCIA en tempos de coronavirus: 3 claves para adolescentes

Bos días, quero compartir con todos vos este vídeo e a infografía que atopei da psicóloga e pedagoga Pilar Pérez Esteve.

               
                                3 claves para superar o coronavirus



lunes, 23 de marzo de 2020

Un novo LUNS

Bos días! Que tal o levades? Seguro que un pouco cansos de estares na casa.

É importante organizarse para tratar de manter unha rutina. Seguro que moitos de vós xa fixéchedes un horario para repartir o tempo entre o exercicio físico, as tarefas da casa, o estudo, o lecer… Se non o tes feito aconsélloche que o fagas, axudarate a levar todos estes días mellor.
Mantén hábitos saudables coma as horas de sono, as horas das comidas e o exercicio físico. Procura seguir o ritmo que tiñas antes.

E o ambiente familiar? Adaptarnos a esta nova situación pode producirnos a todos irritabilidade e nervios. Para evitar problemas e malestar na convivencia é importante ser respetuosos, creativos, flexibles e desfrutar do tempo en familia.

                   RECOMENDACIÓNS BÁSICAS PARA A CONVIVENCIA

jueves, 19 de marzo de 2020

lunes, 16 de marzo de 2020

ACCESO Á FP GRAO SUPERIOR

Seguides preguntando e eso está moi ben.

Sobre o paso dun ciclo formativo de grao medio a outro de grao superior, dicirvos que a lei permite pasar de calquera grao medio a calquera superior. No caso no que a demanda sexa maior que as prazas priorizaránse aqueles que veñan da mesma familia profesional. E ten toda a lóxica do mundo, será moi difícil para min afrontar os estudos dun ciclo superior que non ten nada que ver co que estudei anteriormente, posto que non terei os coñecementos previos sobre o tema.

No caso de acceder a un ciclo formativo de grao superior dende o bacharelato existen unhas táboas onde se indica a modalidade de bacharelato preferente para o acceso aos distitnos ciclos de grao superior. Consultao aquí.

sábado, 14 de marzo de 2020

DICIONARIO DE ESTUDOS

Interesante páxina para atopar os distintos estudos (graos, ciclos formativos, máster e cursos) buscando por tema.
                          
                  DICIONARIO DE ESTUDOS