jueves, 18 de mayo de 2017

AVALIACIÓN FINAL 4ºESO

Aquí vos deixo un enlace con información actualizada sobre a avaliación final de 4º da ESO.

                          REVÁLIDA 4ºESO

lunes, 24 de abril de 2017

OPTATIVAS 4º ESO

Hoxe comezamos as entrevistas individuais de orientación académica e laboral cos rapaces de 3º da ESO.
Lembra que farás unha primeira elección das materias optativas para o vindeiro curso.
Convén que lle votes unha ollada ao contido de cada materia para comprobar si se axusta ao que tí esperas dela.

MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN
Bioloxía e Xeoloxía
Economía
Física e Química
Latín
Tecnoloxía

MATERIAS OPTATIVAS ESPECÍFICAS
Música
Cultura Clásica
Ed. Plástica e Visual
Segunda lingua estranxeira
Tecnoloxía Información e Comunicación

Tes que escoller catro, ou ben dúas troncáis de opción e dúas optativas específicas ou tres troncais e unha específica.


sábado, 11 de marzo de 2017

AVALIACIÓN DE BACHARELATO

Xa sabemos máis sobre a avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade  -ABAU-

Entra na páxina da Consellería de Educación neste enlace.

jueves, 2 de marzo de 2017

ACTIVIDADE ORIENTACIÓN VOCACIONAL 3ºESO

Despois do que estivemos traballando ao longo deste trimestre xa terás unha idea do teu posible itinerario de formación para chegar a onde ti queres. Deixo aquí a última actividade proposta mais o exemplo.

EXEMPLO

ITINERARIO BACHARELATO

ITINERARIO CICLO FORMATIVO

Webs que che poden resultar de utilidade:
- neste blog tes o programa Orienta.
- Portal de educación da Xunta de Galiza: www.edu.xunta.es/fp
- Ministerio de Educación e Ciencia: www.mecd.gob.es        
- Portal de educación, formación e orientación: www.educaweb.com

Esquema Materias 4ºESO
Esquema Modalidades Bacharelato

miércoles, 8 de febrero de 2017

3ª FEIRA DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS E PROFESIONAIS DE VIGO

Os vindeiros 9 e 10 de Marzo na "Estación Marítima de Vigo" celebrarase a 3ª feira de ensinanzas artísticas e profesionais de Vigo onde poderedes atopar información sobre estudos como deseño de moda, auxiliar de voo, deseño de xoias, vídeo DJ, dramaturxia,...

A entrada é gratuita e a mostra moi didáctica.

Anímovos a que vos acerquedes e vexades de primeira man estas ensinanzas e os centros que as imparten.


miércoles, 1 de febrero de 2017

PROGRAMA ORIENTA

Xa podes descargar o programa ORIENTA actualizado para este curso 2016/2107, onde atoparás información sobre a E.S.O., a FP, o Bacharelato,  a universidade, becas,.... e as novidades da Lomce.




Podes descargar o programa no teu Pc e consultalo cantas veces quieras.
O programa está aloxado no blog da aplicación Orienta para o noso colexio. Nese blog atoparás os enlaces na columna da dereita:
- OrientaLine (versión reducida para móbiles e tablets)
- Baixa Orienta (descarga a versión completa)
  Só para Windows.