O alumnado de 4º de E.S.O. que pense continuar a súa formación no bacharelato non debe despistarse!!!
Este é o blog do departamento de orientación para os alumnos de secundaria
O alumnado de 4º de E.S.O. que pense continuar a súa formación no bacharelato non debe despistarse!!!
Un ano máis poñemos a túa disposición o programa ORIENTA onde atoparás información de interese sobre as distintas opcións de formación (bacharelato, FP, graos...) , cuestionarios de orientación vocacional, itinerarios formativos e moito máis.
Tamén podes acceder ao "Orientaline" a través do blog do Orienta para o Martín Códax.
Presentación charla informativa para os pais e nais do alumnado de 3ºESO con motivo da elección de materias optativas para 4º de ESO.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE
30 de abril de 2025 ás 08:00 ata o 11 de setembro de 2025 ás 00:00
Os que esteades pensando en facer bacharelato, achégase a data de solicitar praza.
Nos, como centro concertado non temos centro adscrito polo que non tedes que facer a solicitude de reserva de praza senon que directamente facedes a solicitude de praza.
SOLICITUDE DE PRAZA: do 1 ao 20 de marzo.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR A PRAZA:
- Podes solicitar a praza a través de internet en: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- Podes solicitar a praza de forma presencial no instituto que teñas como primeira opción (podes poñer ata 6 centros por orde de preferencia)
En calquera caso o formulario é o ED550B
Para saber máis sobre a orde que regula o procedemento de admisión e no portal educativo da Xunta
Áreas de influencia