Os que esteades pensando en facer bacharelato, achégase a data de solicitar praza.
Nos, como centro concertado non temos centro adscrito polo que non tedes que facer a solicitude de reserva de praza senon que directamente facedes a solicitude de praza.
SOLICITUDE DE PRAZA: do 1 ao 20 de marzo.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR A PRAZA:
- Podes solicitar a praza a través de internet en: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- Podes solicitar a praza de forma presencial no instituto que teñas como primeira opción (podes poñer ata 6 centros por orde de preferencia)
En calquera caso o formulario é o ED550B
Para saber máis sobre a orde que regula o procedemento de admisión e no portal educativo da Xunta
Áreas de influencia