sábado, 24 de enero de 2026

SOLICITUDE DE PRAZA PARA BACHARELATO Curso 26/27

 O alumnado de 4º de E.S.O. que pense continuar a súa formación no bacharelato non debe despistarse!!! 

                             


                     

                                 


jueves, 15 de enero de 2026

PROGRAMA ORIENTA 25/26. Programa de orientación vocacional

Un ano máis poñemos a túa disposición o programa ORIENTA onde atoparás información de interese sobre as distintas opcións de formación (bacharelato, FP, graos...) , cuestionarios de orientación vocacional, itinerarios formativos e moito máis.


                                                         

           Tamén podes acceder ao "Orientaline" a través do blog do Orienta para o Martín Códax.

domingo, 25 de mayo de 2025

PRESENTACIÓN PAIS E NAIS de alumnado 3ºESO

 



Presentación charla informativa para os pais e nais do alumnado de 3ºESO con motivo da elección de materias optativas para 4º de ESO.


sábado, 26 de abril de 2025

BOLSA E AXUDA PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO


Fai click na imaxe para acceder a toda a información


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE

30 de abril de 2025 ás 08:00 ata o 11 de setembro de 2025 ás 00:00


lunes, 13 de enero de 2025

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O BACHARELATO

 Os que esteades pensando en facer bacharelato, achégase a data de solicitar praza. 

Nos, como centro concertado non temos centro adscrito polo que non tedes que facer a solicitude de reserva de praza senon que directamente facedes a solicitude de praza.

SOLICITUDE DE PRAZA: do 1 ao 20 de marzo.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR A PRAZA: 

- Podes solicitar a praza a través de internet en: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

- Podes solicitar a praza de forma presencial no instituto que teñas como primeira opción (podes poñer ata 6 centros por orde de preferencia)

    En calquera caso o formulario é o ED550B

Para saber máis sobre a orde que regula o procedemento de admisión e no portal educativo da Xunta

Áreas de influencia


domingo, 12 de enero de 2025

ORIENTA 24/25 Programa de orientación vocacional

De novo tes a túa disposición o programa ORIENTA onde atoparás información de interese sobre as distintas opcións de formación (bacharelato, FP, graos...) , cuestionarios de orientación vocacional, itinerarios formativos e moito máis.